O Concello de A Mezquita quere expresar o agradecemento a persoa que pide manterse no anonimato e que procedeu a confección de 125 máscaras faciais no pobo de Chaguazoso, para a súa utilización polas persoas que nesta situación de crise sanitaria as poidan precisar.
Son xestos que nos fan sentir orgullosos/as das xentes do noso Concello e que contribúen a destacar a necesaria solidariedade que debemos manter para superar esta situación.
Como Alcalde expoño o recoñecemento a esta iniciativa solidaria e doulle as GRAZAS de todos os veciños e veciñas do CONCELLO DE A MEZQUITA
Rafael PÉREZ VÁZQUEZ.