Reseña Histórica
O núcleo da Vilavella disfrutou do título de vila. Aiquí pernoctaron o día 16 de Xuño do 1507 Dona Juana La Loca e Don Felipe el Hermoso, durante o problema de sucesión dos Reis Católicos.
O Concello de A Mezquita viuse inmerso nas guerras de separación de Portugal durante o século XVII, e, ainda despois de firmada a Paz en 1713, os portugueses chegaron ata O Pereiro para impedir o tráfico coa Meseta. Tamén foi escenario de escaramuzas durante a Guerra da Independencia, como zona de entrada e retirada das tropas francesas ao mando do Mariscal Soult.
A aplicación do Tratado de Límites que puxo fin as liortas sobre os pobos da fronteira, a epopeia da construcción do ferrocarril e a presencia dos maquis na posguerra son os últimos fitos históricos que caracterizan a esta zona.
Significado do escudo
A posición estratéxica e singular das terras que conforman o termo municipal de A Mezquita, posto que era zona fronteriza cos reinos de Portugal e Castela, simbolízase no eido do escudo por medio dunhas chaves resaltadas dun candado. Coma complemento sitúanse nos bordes uns roeles azuis que fan mención aos Sarmiento, un linaxe histótico moi vinculado á comarca, sendo 10 o seu número que alude ás parroquias que conforman o actual municipio.
Blasonamento
De azur (azul) duas chaves de ouro (amarelo) dispostas en aspa e resaltadas dun candado de prata (branco), bordura de ouro de dez roeles en azur. Ao timbre, a coroa real centrada.