O camiño de Santiago
A ruta que afecta ó Concello de A Mezquita é a denominada “Ruta da Prata” ou “Ruta Mozárabe”. É o gran camiño que une, desde tempos inmemoriais, a Península de norte a sur. Tartesios, fenicios, gregos, romanos, cartaxineses, golos, árabes, cristianos, deambularon polas súas rutas mileranias. Terras fronterizas e mesetas escalonadas que dende Cádiz e Sevilla ata Oviedo, pasando por Ourense ou Astorga, unénse a través de este “outro” gran camiño. O traxecto desta ruta iniciase en Sevilla, existindo un so trazado ata Zamora, cidade na que se abren outras alternativas.
A que nos ocupa é o Camiño Sanabrés da Vía da Prata (ou Mozárabe), no momento que chega a Zamora sigue por os seguintes puntos: Tábara, Bercianos de Valverde, Villanueva de las Peras, Santa Marta de Tera, Rionegro del Puente, Mombuey, Puebla de Sanabria, Requejo, Padornelo, Lubían, A Mezquita, A Gudiña, Laza, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Ourense, Tamallancos, Cea, Mosteiro de Oseira, Castro Dozón, Prado, Silleda, Bandeira, Puente Ulla e Santiago de Compostela.
Despois de pasar por prados, camiños asfaltados e carreteras (a Nacional 525), e seguindo o chamado “regueiro dos Santos” chegamos ao pobo da Vilavella (o nome refírese a que tivo de vila antigo, probablemente alto medieval), cunha zona ben dotada de servizos (temos unha gasolineira, un hostal e un bar). A travesía está marcada con cerámicas nos muros. Case ó final do pobo hai unha escultura que indica un camiño cun forte descenso. Na Vilavella topamos cunha igrexa e con unha capela.
A Igrexa de Santa María da Cabeza é unha edificación de pranta rectangular co presbiterio máis elevado e capelas adosadas. Os muros son de sillería. Na fachada destaca a porta, co arco de medio punto, e enmarcada con pilastras, dispondo ademais de fuso e frontón con hornacina no tímpano. Superiormente, aparece un óculo. Dispón de espadaña con dous arcos xemelgos con arquitrabes no tercio superior e frontón triangular agudo, con orificio circular. Queda rematada con unha cruz de ferro. Os muros laterais dispoñen de contrafortes. É de estilo neoclásico de interese comarcal e data do século XIX.
A Capela do Santo Cristo, é unha construcción de pranta rectangular co presbiterio máis elevado. Na fachada aparece a porta co arco rebaixado, así como un ventanal con cornisas curvas – cóncavas. Os esquinais quedan rematados con pirámides de bolas. Destaca o campanario con catro arcos con machóns moldurados, con remates en base de pirámides de bolas e cunha cruz sobre o corpo trapecial con orificio. Esta capela é de estilo popular de interés comarcal, e data do século XVIII.
En O Pereiro non temos, igual que na Vilavella, servizos para o peregrino, aunque si temos hostais e restaurantes. Tamén se pode contar coa inestimable axuda dos veciños ante calquera duda sobre o camiño. Hai varios exemplos de arquitectura popular. Temos unha igrexa e unha capela.
A Igrexa de San Pedro que é de pranta rectangular, con presbiterio máis elevado e ábside. Os muros son de sillería. Na fachada aparece unha porta con arco de medio punto, formado por grandes dovelas. Mostra arquitrabe no centro do frontispicio, así como espadaña con dous arcos xemelgos con arquitrabe no tercio superior prolongada no frontón triangular agudo, con remate de cruz de pedra. Na fachada sur aparece unha porta adintelada con frontón rústico semicircular con cruz e pirámides de bolas no tímpano, así como duas xanelas rectangulares. É de estilo popular e interese comarcal. Pertence ao século XIX.
A Capela Da Nosa Señora do Loreto. É unha construcción de pranta rectangular, mostra un pequeno atrio formado por columnas tronco – cónicas ben labradas e cubertas. A Porta é de arco de medio punto con grandes dovelas. A espadaña arranca dun corpo formado por rampas en curvas cóncavas, mostrando un arco con listelas no tercio superior. Queda rematada por unha cruz de pedra sobre corpo de perfil trapecial con aletóns en onda. É de estilo popular de interese comarcal, e data do século XIX.
Esta capela ten unha importante transdencia dentro da historia do Concello de A Mezquita, por ser o punto de encontro do Camiño da Prata coa Ruta da Pana ou Ruta Bragantiña.
En O Pereiro, o Camiño de Santiago cruza por todo o pobo, pasando por varias fontes (A Fonte das Charquelas). Xusto donde termina o pobo temos que destacar que o Camiño pasa por un espazo denominado “O Xogo dos Bolos”, que antigamente usaban os veciños do pobo. Hoxe en día xa non se pode xogar debido a que o camiño está arreglado.
A partir da saída de O Pereiro coménzase unha subida continua que finaliza no Alto do Cañizo (que xa pertence ao Concello de A Gudiña). Ata chegar a este alto atravesamos unha zona de monte baixo, moi desprotexida de árbores e a pesar do terreo irregular polo que se anda é seguro que o peregrino non se perde si segue as flechas amarelas que están por todo o camiño.