A ruta da Pana
Facemos unha breve referencia a todas as edificacións tanto religiosas como histórico – culturales que temos durante a Ruta da Prata.
MANZALVOS
IGREXA DE SAN ANTONIO. De estilo románico, de interese nacional, sillería grosa en seco, data dos sécalos XII-XIII
PAZO DA NOSA SEÑORA DAS CANDELAS. De estilo popular, sillería isódoma con emblemas heráldicos, data do século XIX. Un gran caserón en forma de “L” moi alargada con galería e un emblema heráldico de difícil interpretación, de pranta rectangular. A porta é adintelada sobre modretas, as xanelas son cuadradas, enmarcadas con bandas lisas. Superiormente queda rematada por unha cornisa.
CÁDAVOS
CASA DOS CEBALLOS. De estilo popular, sillería, de principios do século XX. Antiga casa señorial muy modificada. É un edificio de dous pisos e pranta rectangular e cuberta a base de pizarra. Na fachada destaca unha gran porta con arco rebaixado, formado por grandes dovelas e amosa blasón na parte superior. A cada lado aparecen duas xanelas alargadas verticalmente adinteladas e molduradas con filetes na parte superior.
A MEZQUITA
IGREXA DE SAN MARTIÑO. Data do ano 1.712, obra de Simón de Monasterio. De estilo barroco, foi Igrexa de padroádego señorial, xa que na fachada neoclásica aparecen escudos de armas, no seu interior destaca un interesante retábulo do escultor noiés José A. Ferreiro Suárez, sepulcros dos seus fundadores e labras heráldicas dos mesmos. Está constituida por sillería isódoma de pranta rectangular e presbiterio máis elevado. A porta principal está enmarcada con pilastras e columnas de estilo dórico, con gran fuso de tríglifos e rosetas, arquitrabe e frontón. A torre é voluminosa, de pranta rectangular, con arcos de medio punto. Nos muros laterais amosa pilastras de pouco resalte, así como banda lisa horizontal con porta adintelada en frotón partido con blasón.
CASA E PRAZA DE AUGUSTO ASSÍA. Casa onde naceu en 1.906 o escritor Felipe Fernández Armesto, máis coñecido por Augusto Assia. Corresponsal de periódico “La Vanguardia” e lector de literatura de Berlín e corresponsal noutras cidades do mundo como Londres, New Cork e Washington. Frente á casa está a Praza co seu nome que o Concello lle adicou.