A Festa dos Reis
En A Mezquita, a pesar de que durante a década dos setenta e parte dos oitenta aproximadamente non se realizou, e foi no ano 1985 cando a recuperou un mozo do pobo, data dende a que leva realizandose todos os anos. Destaca desta Festa a característica da orixinalidade, pois cada día de celebración ten algo de característico, algo que solo se celebra e se leva a cabo ese día.
Na actualidade, é moito o interese que desperta dende varios aspectos, sendo de destacar o interese universitario, pois hai diversas tesis sobre a mesma e outras que se están a facer na actualidade.
Cada ano, os días 5, 6, 7, 8 e 9 de Xaneiro celébrase esta festa (antigamente en todos os pobos do Concello, pero na actualidade a mais importante e de A Mezquita, celebrándose tamén en dous ou tres pobos máis do Concello). Trátase dunha xuntaza de persoas durante os cinco días, nos que se come, bebe, baila e se levan a cabo os actos típicos de cada día.
Os encargados e responsables da festa son o Rei e o Virrei, figuras que están nomeadas con unha anterioridade de dous anos. Destacar que o Rei é un home solteiro e o Virrei un home casado, que no momento de ser nomeados poñenlles as coroas.
É de destacar que tradicionalmente esta festa tiña un contido machista total, ata o punto de que ás mulleres non se lles permitía participar en ningún dos actos propios da festa. Na actualidade este contido machista estase alterando, así en algúns casos permitese que as mulleres participen na súa totalidade, e noutros casos facendo festas de reis alternativas de mulleres.
Outro dos pobos que tamén lle da moita importancia a festa Dos Reis é Chaguazoso, que na práctica ten moito parecido ca de A Mezquita, aunque varían algunhas cousas. Son catro días, a pedir o aguinaldo non van o rei e o virrei, van os pedidores e a Rita (home simpático disfrazado de muller). O último día da festa teñen o típico “BOTAR AS VARAS”, que así lle chaman o feito de elexir ao rei e ao virrei do ano seguinte. Tamén en Chaguazoso as mulleres fan a sua Festa das Reinas, con comidas e tendo a súa reina e a virreina.
Na Esculqueira tamén fan catro días de festa, pero ten a particularidade que aquí entra todo o pobo, incluidos os nenos.
A organización da celebración é a seguinte:
1º.- DÍA 5 XANEIRO: “Nomeamento dos oficios”, “Matanza da vitela” e “Cantiga dos reis”
Este día pola tarde, xúntanse uns cantos homes e matan o becerro, quitándolle as vísceras que será o que cenen esa noite. A partir das 10:00 da noite aproximadamente, comenza a celebración cantando os reis casa por casa, cantan cancións típicas e populares. Ao terminar o recorrido de todas as casas do pobo, as persoas que entran na festa dos reis reúnense na Casa da Cultura para definir as tarefas que van a realizar os participantes ao longo da celebración da festa: zamarreiro, dispenseiro, tesoureiro, encargado de comprar, camareros, encargado de música, o que rouba as berzas, etc. Ao terminar con esta tarefa comen a “bachada” (vísceras do becerro).
2º.- DÍA 6 XANEIRO: “Pedir os Reis”
A partir deste día e ata o final comenzan co almorzo na Casa da Cultura e ao rematar van a “pedir o aguinaldo” polas casas do pobo. A comitiva está formada polo Rei, o Virrei, a música e todas as persoas que entraron na festa. O Rei e o Virrei van montados a cabalo e cada un deles leva un ramo (que ten unha elaboración moi típica e orixinal sobre todo no material que levan: roscóns, pasas, figos, gallegas, rosquillas, figuras de pan, froitas, etc.)confeccionado polas mulleres uns dias antes. O aguinaldo consiste e recoller todo o que lle regalan polas casas, ben sexa comida (chourizos, androllas, costelas de porco), bebidas ou diñeiro. O resto do día pasase comendo, bebendo e bailando ata que o corpo aguante. Todas as comidas do día (almorzo, comida e cea) realizanse na Casa da Cultura, durante todos os días da celebración.
3º.- DÍA 7 XANEIRO: “Día dos Invitados”.
Comenza este día coma todos, co almorzó na Casa da Cultura. Ao rematar inicia a comitiva (Rei, Virrei, música e participantes) a búsqueda dos invitados casa por casa. Os invitados que veñen de fora do pobo reúnense na Casa da Cultura. Un día normal da Festa dos Reis son 50 persoas, pero o día dos invitados esta cantidade aumenta máis do dobre chegando incluso ás 120 personas. Este é un dos días máis importantes, non so pola cantidade de xente, senón por que só a presencia de invitados engranda a festa, polo que é moi importante que todo salga ben, sobre todo a comida, que consiste en callos, cocido, cabrito, chuletas, sesos e doces que son típicos desta zona. Tamén se come no postre os doces que portaban os ramos.
4º.- DÍA 8 XANEIRO:
Comenzamos co almorzo na Casa da Cultura, seguíndolle a tradicional corrida dos homes en burros intentando atrapar un trozo de tela que está colgado. Despois chega a hora da comida, baile, cena e mais baile. A comida este día e de galos con arroz.
5º.- DÍA 9 XANEIRO: “Día da parranda”
Este é o último día. Despois do almorzo na Casa da Cultura, comenza o desfile do Rei, Virrei que van nas carrozas acompañados da Reina e da Virreina, ás que invitan a comer. Este día pola noite elixen ao Rei e ao Virrei para dous anos despois, xa que os do ano seguinte xa están elexidos dende o ano anterior.