Restos Castrexos
No alto do Monte Castelo (Santigoso), temos un resto castrense que é característico dos castros orientais, a quen responde a tipoloxía e o hábitat, e donde foron encontradas pedras labradas, algunhas probablemente para mallar os cereais.
Alguns historiadores defenden a existencia de unha vía romana chamada “A Calzada das Minas”, procedente de Chaves, como o testifica a presencia de pedras miliartes como a da Esculqueira.
Tamén os romanos fixeron a súa aparición por estos contornos, e aunque non hai evidencia de poboacións que surxiran aquí, si existe algún achado, como é o dunha pedra estela funeraria ao lado dun muiño no río Pereiro, ten unha corta inscripción que parece interpretarse como unha dedicación ao “Níger caamnua”.
Outros restos Castrenses están sitos no lugar coñecido como A Touza no pobo de A Mezquita e O Cabezo no pobo de Chaguazoso.