Información e Descripción Xeográfica
O Concello de A Mezquita ocupa unha parte da Comarca das Frieiras (formada polos Concellos de A Gudiña, Vilariño de Conso, O Riós e A Mezquita). O nome de “As Frieiras” débese as propiedades que na zona tiñan os monxes ou frailes “freires”. O municipio ten unha limitación xeográfica moi característica, denominada “O PENEDO DOS TRES REINOS”, sito no extremo sur oriental do municipio.
Ten unha superficie de 104,3 km2 e conta con unha poboación de dereito de 1.437 habitantes enclavada na zona suroriental da provincia de Ourense. Poboación que está repartida en dez núcleos: Manzalvos, Cádavos, Chaguazoso, Castromil, Esculqueira, A Mezquita, Santigoso, Vilavella, A Canda e O Pereiro.
As características xeográficas, a grandes rasgos son as seguintes:
- Unha altitude media de 850 metros sobre o nivel do mar, con un relieve moi accidentado.
- O clima é oceánico de montaña, de contrastes fortes, húmedo e frío en inverno e seco e templado en verán. Estas condicións plasmanse na vexetación na que sobresalen grandes masas de “castiñeiros”, así como abedules, fresnos e sauces nas ribeiras e alguns pinares de repoboación forestal. Nas cumes domina o matorral.
- Temos no municipio unha densa rede fluvial tributaria do Douro portugués (os ríos mais importantes do Concello son: Pereiro, Chao do Porco, As Veigas, Cádavos).
- Os solos son pouco profundos, áridos con textura areosa e forte erosión nas pendentes altas e sedimentación nos vales.
A Mezquita é a porta de entrada a Galicia dende Castilla e Portugal. Esto refléxase no seu escudo. Temos unha línea férrea, Ourense – Zamora, estando a estación situada no pobo de Vilavella. Ademáis de Autovía A-52 “Rías Baixas”, así como a Nacional 525.
O Penedo dos Tres Reinos
Autor: Señor Raposo (www.wikipedia.org)