Dende o Concello da Mezquita levouse a cabo o Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero (SI435A)
Con este programa quíxose conseguir os seguintes obxectivos:
-Desenvolver a capacidade de autocoñecemento
-Fomentar a autoestima
– Desenrolo de habilidades sociais
-Romper o illamento de mulleres
-Creación da rede de apoio social
-Dotar de habilidades precisas para mellorar a empregabilidade das mulleres

Leváronse a cabo sesións semanais a mulleres de 8 parroquias da Mezquita distribuídas en 4 talleres. As mulleres levaron a práctica e de xeito didáctico toda a teoría relativa a igualdade e a prevención da violencia de xéneno. Ademais, fomentamos a participación e a interacción entre os diferentes grupos de participantes, creando así unha unión entre elas.

Os resultados finais foron satisfactorios, 40 foron as mulleres que participaron no programa regularmente. Todas elas valoran as actividades realizadas dunha forma positiva.