Dende o Concello da Mezquita levouse a cabo o Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero. 

Con este programa quíxose conseguir os seguintes obxectivos:

🟣 Identificar situacións de desigualdade.

🟣 Acadar unha maior normalización e aceptación da sexualidade.

🟣 Traballar na formación e información sobre a diversidade LGTBIQ.

🟣 Traballar o fomento da autoestima das mulleres participantes.

🟣Visualizar o papel da muller no eido da literatura.

🟣Mellorar a comunicación e as habilidades sociais.

🟣Tomar conciencia dos cambios a prol da igualdade.

ESTE PROGRAMA ESTÁ FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA