PASANDO O TEMPO DO CORONAVIRUS NA CASA . PASAO BEN E COMPARTE AS TUAS HISTORIAS NUN VIDEO.

O Concello de A Mezquita quere animar aos nenos e nenas a realizar diferentes actividades neste periodo no  que non saimos da casa. Vamos escomenzar propóndovos  a realización dun video no que nos contedes de forma divertida como vivides esta experiencia de estar pechados na vosa casa, sen cole, sen poder xogar cos amigos…Facede co móbil un vídeo que recolla a vosa historia , as  anécdotas e as cousas que se vos ocurran deste tempo na vosa casa .

A duración do vídeo será de 1 a 3 minutos e podedes  prepáralo e envíalo ao wassap do móbil do Concello: 629639997, ata as 14 horas do luns 13 de abril.

Os vídeos seleccionados serán agasallados con diferentes premios :

1º premio: bonos para a piscina municipal.

2º premio: lotes de libros de lectura.

3º premio: vales de visita a museos da comarca ou outros similares . 

Os videos enviados dos nenos/nenas que participen serán publicados na páxina web do Concello, para que se poidan ver uns ós outros, entendemos  que temos autorización para publicar ditos vídeos.

O persoal do Concello de A Mezquita realizará a selección dos vídeos recibidos. Os vídeos seleccionados serán compartidos na Web  do Concello de A Mezquita.

Animádevos a participar, contádenos a vosa historia para compartir