BANDO

PRÓRROGA NOS PRAZOS DO PAGAMENTO DO IMPOSTO DE VEHICULOS E TAXA RECOLLIDA LIXO 2020 ATA O 30 DE XUÑO DE 2020.


D. Rafael Pérez Vázquez, como Alcalde – Presidente do Concello de A Mezquita, polo presente,

FAI SABER:
Ponse en coñecemento dos veciños e veciñas do Concello que os prazos previstos para o pagamento dos recibos non domiciliados correspondentes o imposto de vehículos de tracción mecánica do ano 2020, que remata en período voluntario o dia 30 de abril e o da taxa de recollida de lixo que remata o prazo o 5 de maio, serán prorrogados.

Debido á declaración do Estado de Alarma e as prorrogas aprobadas ata o 10 de maio, aqueles que non puideran pagar estes recibos nos prazos establecidos poderán facelo unha vez rematado o Estado de Alarma, debendo solicitar nas oficinas do Concello ou no Servizo de Recadación da Deputación Provincial a emisión de novos recibos para o seu pagamento que terá como prazo limite o 30 de xuño de 2020.