En relación á Orde do Ministerio de Sanidade 399/2020, do 9 de maio, para a flexibilización de determinadas restrincións de ámbito nacional, establecidas trala declaración do Estado de Alarma en aplicación da fase 1 do Plan de transición cara unha nova normalidade, esta Alcaldía,


INFORMA


PRIMEIRO. A partires do luns, 11 de maio, permítese a circulación pola provincial de Ourense, respetando as medidas de seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19. A tales efectos, os grupos deberán ser de un máximo de 10 persoas, salvo no caso de persoas convivintes.

SEGUNDO.- Poderá procederse á reapertura ó publico dos locais de comercio minorista e actividades de servizos profesionais cuxa actividade fose suspendida pola declaración do Estado de Alarma, incluidos concesionarios de vehículos, ITV, centros de xardinaría e viveiros.

O aforo do local limitarase ó 30%, e deberá manterse unha distancia de seguridade de 2 metros. Ademais, deberá establecerse un horario de atención con servizo prioritario a maiores de 65 anos.

En todo caso deberá atenderse ás medidas de hixiene establecidas no artigo 11 e seguintes da Orde 399/2020.

TERCEIRO.- Poderá procederse á reapertura ó público das terrazas ó aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración, cun máximo de 10 persoas por mesa, e garantindo unha distancia física de 2 metros entre mesas ou agrupacións de mesas.

CUARTO.-Poderá procederse á reapertura de hoteis e aloxamaneos turísticos, cumprindo coas medidas recollidas no Capítulo XIII da Orde 399/2020. Aos servizos de restauración e cafeterías dos hoteis e aloxamentos turísticos aplicaránselle as condicións establecidas no Capítulo XIII da citada Orde.

QUINTO. Volve a estar prohibida a práctica da caza e pesca deportiva, non considerandose como un deporte individual permitido (artigo 43 da Orde 399/2020) Para información ampliada e acceso a normativa, poder consultar a páxina web do Concello de A Mezquita (www.amezquita.gal).

O que se fai público para xeral coñecemento en A Mezquita, a 11 de maio de 2020.

O Alcalde. Rafael Pérez Vázquez.