Dende o Concello da Mezquita levouse a cabo unha nova edición do Programa Nos-Outras Mulleres, no marco do Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero. 

As actividades desenvolvéronse entre o 1 de xuño e o 25 de setembro do 2026, achegando espazos de encontro, reflexión e participación para as mulleres do noso concello.

« Con este programa procurouse:

🟣 Previr e sensibilizar fronte á violencia de xénero.

🟣 Identificar e reflexionar sobre as situacións de desigualdade.

🟣 Traballar na prevención dos estereotipos e roles de xénero.

🟣 Fomentar a autoestima, o benestar e a autonomía das mulleres.

🟣 Mellorar a situación das mulleres, especialmente aquelas que se atopan en situación de especial vulnerabilidade.

🟣 Crear espazos de participación, convivencia e sororidade.

©Porque promover e igualdade tamén é construír unha sociedade máis xusta, libre de violencia e con máis oportunidades para todas.

ESTE PROGRAMA ESTÁ COFINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA