Dende o Concello da Mezquita levouse a cabo o Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.
Con este programa quíxose conseguir os seguintes obxectivos:
🟣 Identificar situacións de desigualdade.
🟣 Identificar estereotipos de xénero e traballar na súa erradicación.
🟣 Visibilizar a violencia de xénero.
🟣 Traballar o fomento da autoestima das mulleres participantes.
🟣 Visualizar o antes e o agora das mulleres da Mezquita.
🟣 Facer referencia a mulleres referentes galegas.
ESTE PROGRAMA ESTÁ FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEA
O resultado acadado foi unha mellora da situación persoal, social e laboral de todalas participantes do Programa