A VilavellaCastro da Cabeciña
Trátase dunha aldea fortificada romanizado de pequenas dimensións, asentado no cumio dun lombeiro natural situado a 1065 metros de altura, entre o Río da Veiga e o Río do Santo. Este castro, que ten a súa orixe na Idade do Ferro (s. VIII a.C – ano 0), está rodeado de terras fértiles especialmente aptas para o cultivo que se sitúan ao leste e sueste do xacemento.
Posúe unha croa ou acrópole de pequenas dimensións e forma oval, defendida por un terraplén que remata noutra plataforma. Esta, despois, conclúe noutro noiro de terra que reforza as defensas antrópicas do xacemento.
Durante os traballos de catalogación deste xacemento arqueolóxico que se levaron a cabo no ano 1991, atopáronse en superficie anacos de cerámica común romana e cerámica castrexa. Daquela, un veciño da Vilavella fixo referencia á aparición de “moedas romanas”, aínda que este dato non foi comprobado.
Unha aldea fortificada prehistórica
Durante a Idade do Ferro os asentamentos humanos do noroeste peninsular concéntranse en lugares elevados coma O Castro da Cabeciña (parroquia da Vilavella) ou O Castelo Pequeno (parroquia de Santigoso), que se fortifican con parapetos, murallas de pedra e estacas de madeira para complementar as condicións naturais de defensa.


