logob

A MezquitaIgrexa de San Martiño


Igrexa construída no ano 1712, obra do arquitecto formado en Salamanca e Monforte de Lemos, Simón de Mosterio, fillo de Juan de Herrera, autor de El Escorial. Foi declarada Monumento Histórico-Artístico en 1931.

Posúe unha única nave e presenta fachada clásica, inspirada na do Colexio do Cardeal de Monforte, con portal dórico entre columnas e pilastras que sosteñen un piso. Sobre o frontón dous fermosos escudos coas armas dos marqueses da casa de Láncara. O conxunto remátase cunha robusta torre campanario. No interior hai un interesante retablo barroco (1) articulado en tres rúas e catro corpos horizontais atribuído ao escultor Xosé Ferreiro. O templo consta dunha nave de tres tramos rematada nunha ábsida cuadrangular con presbiterio. A portada principal (2), inspirada nos arcos triunfais da antigüidade, aparece enmarcada por dous contrafortes laterais e un par de columnas entregas que sosteñen un entablamento clasicista que combina, baixo un frontón triangular, tríglifos, roseta, dentículos e cornixa.

Desde o punto de vista estrutural o corpo central da fachada prima o eixe lonxitudinal, marcado pola sucesión de frontón, cartela e ventá, un deseño equilibrado e solemne que segue o esquema da portada do Colexio do Cardeal de Monforte. O conxunto goza dunha solemnidade e un equilibrio propias do pleno renacemento, un estilo de gusto castellano que adopta con rigor as proporcións clasicistas. No cruceiro do templo destaca unha bóveda vaída casetonada (3) e o panteón dos Cadórniga (4), datado a principios do s. XVII, un total de catro nichos dúplices dos que dous permanecen baleiros. A autoría deste proxecto, inspirado nas tumbas reais do Escorial e destinado a acoller os restos dos Cadórniga, Sarmiento e Losada, débese tamén a Simón de Mosterio.

Bóveda e panteón
No cruceiro do templo destaca unha bóveda vaída casetonada e o panteón dos Cadórniga, datado a principios do s. XVII, un total de catro nichos dúplices dos que dous permanecen baleiros. A autoría deste proxecto, inspirado nas tumbas reais do Escorial e destinado a acoller os restos dos Cadórniga, Sarmiento e Losada, débese tamén a Simón de Mosterio.