logob

A EsculqueiraIgrexa de Santa Eufemia

A Esculqueira é unha aldea da Mezquita raiana con Portugal. O seu nome deriva do verbo galego esculcar, sinónimo de vixiar, ollar ao lonxe. Desde antigo as guerrillas e os exércitos levaban sempre consigo esculcas, vixiantes ao axexo.
O templo de Santa Eufemia da Esculqueira é un templo modesto erixido no ano 1808. Conta cunha única nave presidida por un presbiterio máis elevado, protexido por unha cuberta a catro augas. A xoia da igrexa é un fabuloso retablo barroco que é atribuído ao escultor Xosé Ferreiro. Nel destacan a imaxe da santa titular, así como as cabezas de catro anxos situados na base das columnas de orde corintia que organizan verticalmente o conxunto.

Xosé Ferreiro
O escultor galego Xosé Ferreiro (Noia, 1738-Hermisende, 1830) foi discípulo de José Gambino, co que traballou en dife- rentes obras: no Mosteiro de Sobrado, no medallón que representa a Batalla de Clavijo situado no Pazo de Raxoi, etc. Ferreiro tamén labrou varias esculturas para a igrexa do mosteiro de San Marti- ño Pinario, para o convento de San Fran- cisco, ou o conxunto escultórico da deusa Minerva da antiga facultade de Ciencias da Universidade de Santiago. Na Mezquita executou os altares de Cristo e de Santa Bárbara da igrexa de Santa María da Vilavella e os retablos maiores de San Martiño da Mezquita, Santiago de Chaguazoso e Santa Eufe- mia da Esculqueira.