CádavosIgrexa parroquial
Trátase dun templo erixido nos séculos XVII-XVIII en perpiaño granítico. Loce planta rectangular e cuberta con xisto a dúas vertentes agás no presbiterio, que é a catro augas. No interior da igrexa podemos gozar cun calvario pintado no altar maior, cun espléndido retablo lateral barroco dourado e tamén coa decoración do intradorso do arco triunfal que separa a nave do presbiterio. O retablo maior e os laterais datan do XVIII. O cádavo, que dá nome á parroquia, é o cañoto do toxo ou uz queimada.
Pazo e alfándega
Entre a Idade Moderna e o ano 1978, en Cádavos localizouse unha das 14 alfándegas ou portos secos que había no noso país para fiscalizar o comercio e o tráfico de persoas entre Galicia e Portugal. Xunto a estas había outras 6 aduanas ou portos marítimos nas principais vilas e cidades da costa.A Casa ou Pazo de Cádavos conta cun brasón cuarteado en cruz situado entre dúas portas de aire parcialmente molduradas. O acceso realízase a través dunha monumental porta coroada por un arco de medio punto ben doelado.




