logob

A CandaCapela de Santo Antón

A capela, dedicada a Santo Antonio e Santo André,está situada no centro do lugar da Canda, un dos dous núcleos que forman a parroquia da Vilavella.Trátase dunha construción de orixe románica que presenta planta rectangular formada por dous espazos diferenciados: a nave e o presbiterio.Posúe muros de carga de cantería e cuberta cunha estrutura de vigas de madeira a dúas augas na nave ea catro no presbiterio, que aparece protexida por lousa.Unha lenda di que, noutro tempo, o señor de estas terras viu como lle ardía a casa e pediulle axuda a Santo André. Este contestoulle que lle apagaría o lume se lle facía unha ermida, e así foi como se ergueu este templo.Este lugar dá nome á Portela da Canda (1.259 m de altura), un paso entre montañas que une Galicia con Castilla León a través dos concellos da Mezquita (Ourense) e Lubián (Zamora). Os montes da Canda, situada entre a Serra Calva (Galicia) e a Serra da Coroa (Portugal), ten a súa orixe antes da glaciación, de aí a redondez das súas formas.